CNA no Campionato Galego de Augas Abertas
Mateo García, Ana Veiga e Alba Gómez foron medallistas no campionato en Ponteareas
O fin de semana celebrouse o Campionato Galego de Augas Abertas en Ponteareas, na Praia Fluvial da Freixa (Río Tea). O Club Natación Arteixo asistiu con un total de nove nadadores e nadadoras de diferentes categorías. Na clasificación por clubs o CNA acadou o 4º posto na masculina, feminina e clasificación conxunta. O percorrido consistía en catro voltas de 1250 metros, 5000 metros en total para tódalas categorías. A proba comezou con unha saída moi disputada e rápida, a carreira en seguida se dispersou en grupos, nadando en posicións bastante cómodas. " É un orgullo para este Club contar con este ascenso de participantes nesta modalidade da natación, que axuda a vivir novas experiencias competitivas aparte das típicas de piscina", explica Lucía Leiro, directora deportiva de CNA.
Os medallistas do campionato foron Mateo García, ouro Junior-1, Ana Veiga, prata Senior e Alba Gómez, bronce Senior. Foi unha boa carreira para tódolos representantes do Arteixo, moitos dos cales estreábanse neste campionato.
Fin de tempada e campus desde o 27 de xuño
Leiro adelanta, ademáis, que o club "terá un final de tempada moi movido, xa que participa en tódolos Campionatos Galegos de categorías e nos de España Infantil, Junior e Absoluto. Ademáis, súa nadadora máis internacional, Paula Otero, sae pronto para Budapest para participar no Campionato do Mundo.
Ademáis, o CNA retoma o seu tradicional Campus Deportivo de verán “Xoga coa Auga”. Está previsto do 27 de xuño ata o 8 de xullo, e contará con numerosas actividades deportivas e lúdicas dirixidas a nenos e nenas de 6 a 17 anos.