CNA ascende a División de Honra como Campión
Esta é a segunda vez que os deportistas do club de natación de Arteixo consiguen ascender á División máis alta como primeiros clasificados
O Club Natación Sarval Arteixo ascendeu este sábado a División de Honra como Campión de 1ª División, na Fase Final da Liga Absoluta celebrada en Riazor. O CNA foi o club anfitrión e organizador despois de ter acadado o primeiro lugar na Fase Preliminar.
Competición moi intensa. Con sesións de mañán e tarde e o calendario completo de probas e catro remudas. Probas coas que tres clubs competían polo ascenso e tres pola permanencia:
- 1º CN Arteixo 208
- 2º RCN de Vigo 181
- CN Galaico 158
- Permanencia: 1º AD Fogar 455, 2º CDNC Santiago 309, CN Arzúa 227
Polo tanto o ascenso a División de Honra foi para o CN Arteixo e o RCN Vigo, a permanencia en 1ª División do Galaico e o AD Fogar, e o descenso a 2ª División do CDNC Santiago e o CNArzúa.
Esta é a segunda vez para os de Arteixo consiguen ascender ao máis alto como primeiros clasificados, a anterior foi en 2015. O trofeo foi entregado a todo o equipo de nadadores e nadadoras participantes na propia Piscina ó finalizar a competición por parte da presidenta do club organizador, Virginia Martínez Blanco.