CNA no Campionato Galego de Augas Abertas
Moi bos resultados para deportistas do Club Natación Arteixo en augas abertas
O pasado sábado día 18, celebrouse en Castrelo de Miño, Ourense, o V Campionato Galego de Augas Abertas con moi bos resultados para os participantes do Club Natación Arteixo (CNA). Asistiron dous nadadores de categoría Junior-1, Paula Otero e Mateo García. A mañán comezou con nubes, un pouco de frío e a temperatura das augas a 21º. Pero as condicións foron mellorando ó longo da sesión.
Finalmente a proba celebrouse con un tempo moi agradable. Mateo estreábase nesta modalidade, e pese ós nervios do principio, completou os 5000 metros do circuito e rematou en 13º posición absoluta e 4º en categoría Junior-1. Paula, pola súa parte, partía na proba como favorita, e vaia se o foi. Acadou o 4º posto absoluto, 1ª clasificada feminina. Ademáis, logró o 1º posto da categoría Junior-1. Esta proba resultou un bo adestramento para a proba de 10K que nadará la deportista co Equipo Nacional de AA o vindeiro sábado 25 de setembro en Barcelona.
Campiona de España
Lembrar que a nadadora Paula Otero, foi seleccionada para o Campionato de Europa Junior de Augas Abertas celebrado del 23 al 25 de julio en Rowing Lake, París, tras consagrarse Campiona de España nesta disciplina el pasado mes de xuño en Banyoles. La deportistas ya logró triunfos internacionales en Roma a principio de julio.
“Paula participou na proba de 7,5K, que se celebrou o venres pola tarde. Foi unha carreira trepidante. Paula estivo no grupo de cabeza durante máis da metade da proba, pero sempre moi presionada polas súas rivais máis duras, que se puxeron diante na segunda parte da carreira. Paula acadou o 9º posto de Europa”, explica Lucía Leiro, directora deportiva del CNA.