Éxitos do Judo Club Arteixo na Supercopa de España Junior

Membros do Judo Club Arteixo desprazados á Supercopa de España Junior de Judo.
A pasada fin de semana, 23 e 24 de setembro, tiña lugar no Centro Insular de Deportes, nas Palmas de Gran Canaria, a Supercopa de España Junior de Judo, Trofeo Internacional Santiago Ojeda.

A pasada fin de semana, 23 e 24 de setembro, tiña lugar no Centro Insular de Deportes, nas Palmas de Gran Canaria, a Supercopa de España Junior de Judo, Trofeo Internacional Santiago Ojeda.

A esta competición desplazáronse un nutrido grupo de deportistas do Judo Club Arteixo, que obtiveron grandes resultados.

Cabe destacar o primeiro posto de Fran Laccone, que venceu aos seus catro rivais por ippon. Paula Cima, que acudía á competición mancada nunha man, disputou a final, acadando finalmente un segundo posto.

Anderson Coton foi bronce, unha vez que perdeu o pase á final cun judoka alemán que finalmente sairía campión.

Tamén participaron os irmáns Alex e Nicolás Patiño que tras gañar o seu primeiro combate, caían en segunda ronda.