Fin de semana "movida" para o Club Natación Arteixo
Esta é unha fin de semana movida para os do Club Natación Arteixo.
Así, esta fin de semana movida o Club ten dúas citas de nivel nacional e internacional e máis unha Liga Infantil, con 17 deportistas participando en Carballo.
Tamén este venres comeza unha finde movida cunha competición na que participa Paula Otero formando parte do Equipo Nacional, no Euro Meet de Luxemburgo. Este é un evento deportivo de gran nivel internacional ó que acuden grandes nomes deste deporte. A promesa de Arteixo forma parte dunha selección de seis nadadoras e un nadador, na que tamén forma parte a galega Carla Carrón.
Paula Otero
Ademais esta nova cita de Paula ten lugar dende o venres 27 ao 29 de xaneiro no Centre National Sportif et Cultural d´Coque en Luxemburg. A nadadora participa nas probas de 400, 800 e 1500 libre.
Para rematar o sábado día 28 celébrase en Madrid, na piscina M86, o Campionato de España de Longa Distancia en Piscina. O Club Natación Arteixo terá por primeira vez representación masculina e feminina. Os representantes son Alba Gómez Mesías, de categoría senior,; e Mateo García Castro, de categoría junior. Os dous nadan a proba de 5000 metros.
Club Natación Arteixo
O Club empezou a súa andanza en setembro de 2005, a partires da anterior Sección de Natación do Clube Atl. Arteixo. Este ano o club de Arteixo, “renace” das súas cinza e alcanza a maioría de idade e a independencia. necesarias para poder tomar as súas propias decisións de forma autónoma. A súa orixe foi un longo “parto deportivo” que comezou na tempada 2002-2003.