Novas inscricións nas escolas deportivas municipais
O prazo de preinscrición nas escolas deportivas é do 1 ao 15 de agosto
O impreso de preinscrición para escolas deportivas do Concello de Arteixo poderase recoller nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes ou descargalo na páxina web www.arteixo.org. Deberase entregar nas mesmas oficinas con cita previa, en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas. Do mesmo xeito poderase enviar á dirección deportes@arteixo.org.
Ver prazas vacantes pinchando neste enlace
No caso que o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, terá lugar un sorteo público procedéndose á asignación a partir da primeira letra do primeiro apelido. Ten preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo.
- Exposición de persoas preinscritas: 20 de agosto na páxina web municipal
- Sorteo público: 24 de agosto ás 11:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo
- Exposición da listaxe de persoas admitidas: A partir do 27 de agosto na páxina web municipal
- Prazo de matrícula: As persoas admitidas terán un prazo (30 de agosto ao 15 de setembro) para formalizar a matrícula de cada actividade. Deben entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes. No caso contrario, procederase á anulación da praza. Deberán achegarse a folla de inscrición e recibo de pagamento.
De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións libres a partir do 1 de outubro. O calendario de actividades rexerase co establecido pola Consellería de Educación, coas vacacións de Nadal, Entroido e Semana Santa. Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (http://www.arteixo.org/servizos/pagos-online).