Máis de trescentos vinte tres mil metros solidarios
Máis de trescentos vinte tres mil metros solidarios por Nadal. Durante a tarde do pasado sábado 21, celebrouse na Piscina Municipal de Arteixo unha xornada de natación. Foron catro horas seguidas de nado en seis pistas da Piscina Municipal de Arteixo.
Os clubs de natación e salvamento de Arteixo organizaban xunto coa empresa concesionaria da piscina, un evento no que o fin era doar alimentos e xoguetes. Varias docenas de kilos de alimentos irán parar ó Banco de alimentos Rías altas. Tódolos xoguetes conseguidos serán doados na Gala Solidaria organizada por Servicios Sociais do Concello de Arteixo, e que se celebrará o próximo 28 de decembro na Praza do Balneario.
Neste evento participaron máis de 150 persoas. "Moitos deles deportistas de clubs locales e dos aledaños, ademáis de usuarios da piscina. Se acercaron a compartir metros solidarios todos xuntos en favos dos máis desfavorecidos. Un total de 323.550 metros nadados, un éxito que esperamos volver a ver o ano que ven", dixeron seus organizadores.