O Club Natación Arteixo quedou finalista no campionato de España de natación infantil que celebrouse en Barcelona, na Piscina de Picornell do 27 ó 30 de xullo (2019).
Miguel A. Gómez Mesías e Antía Gómez Taibo foron os deportistas que representaron ó Club Natación Arteixo.
Miguel nadou o domingo a proba de 100 braza, acabando a súa segunda mellor marca persoal e o posto 39 de 16 anos.
Antía partipou en cinco probas repartidas nos catro días do campionato, 50, 100 libre, 200 estilos, 100 e 200 costas, destacando sobre todo nestas últimas. Acadou postos de finalista en 50 libre, 100 costas e 200 costas. Nas finais, que se nadaban na sesión de tarde acadou o 8º posto en 50 libre, e o 4º posto en 100 e 200 costas. Nestas probas tamén acadou a Mellor Marca Galega de 14 anos, con tempos que a deixaron a moi poucas centésimas do bronce.