Nova edición da Jarnacha BTT
09 de septiembre de 2023 (14:54 h.)
A Marcha, organizada por AD Jarnachas celébrase o 10 de setembro.
O domingo 10 de setembro ten lugar a Jarnacha de BTT. A Marcha Jarnacha de BTT, que organiza a AD Jarnachas, reúne a afeccionados ao ciclismo de montaña.
Esta nova edición consta de 3 rutas, con distintos desniveis, que determinan a dificultade de cada unha delas:
- 60 km
- 40 km
- 25 km
Ademais tódalas rutas transitan por distintos percorridos dentro do Concello de Arteixo.
A saida é ás 9.00h. A saida e a chegada será no campo da festa de Arteixo.