Éxito do Judo Club Arteixo na Copa de España celebrada en Cantabria
09 de octubre de 2023 (13:58 h.)
Gran actuación dos judokas do J.C.Arteixo o fin de semana, 7 e 8 de outubro, na Copa de España de Judo en Cantabria.
Gran actuación dos judokas do J.C.Arteixo o fin de semana, 7 e 8 de outubro, en Cantabria, que se hai dúas semanas acadaban 3 medallas na Copa Junior das Palmas, esta vez os cadetes trouxeron 5 medallas de Torrelavega, nunha competición onde había 700 deportistas.
Daniel Lago e Gabrielle Franceschini acadaron o subcampeonato tras unha longa e dura xornada de combates. Esteban Castro, Nicolás Freire e Ethan García lograban a medalla de bronce. Tamén destacaron Raúl Ponche e María Louro, 5° e 7° respectivamente e que diputaron 6 combates nun peso durísimo -66K onde había 103 judokas.