Paula Otero "simplemente impresionante" en Europa

Paula Otero entre as mellores de Europa
Este campionato celebrouse no Foro Itálico de Roma entre os días 11 e 17 de agosto, coa presencia dos mellores deportistas de Europa

A nadadora do Club Natación Arteixo alcanza o 4º posto de Europa en 1500 libre

"Paula tivo unha participación no Campionato de Europa Absoluto simplemente impresionante", afirma Lucía Leiro, directora deportiva do CNA. Alcanzou dúas finais, un 4º posto, e unha clausura de competición con moi boa marca e moi cerca de continuar nadando entre as mellores.

Este campionato celebrouse no Foro Itálico de Roma entre os días 11 e 17 de agosto, coa presencia dos mellores deportistas de Europa. Foi todo un espectáculo para os amantes deste deporte, no que poidemos asistir a grandes marcas a nivel mundial. Unha boa representación española, e entre eles a da nadadora do Club Natación Arteixo con moi bos resultados.

Paula tivo un ano ben movido. Ven de rematar o seu último curso de bacharelato e de aprobar o exame que lle da acceso á universidade. Todo esto sen deixar de lado o seu compromiso co adestramento e o seu plan de estar ó mellor nivel este verán en Roma. Como paso previo a este momento participou no Mundial de Budapest, ó que acudeu recén recuperada de covid.

Resultados

En Roma, Paula volveu brillar nadando un total de tres probas:

  • 800 libre, na que pola mañán acadou posto de finalista en 6º lugar realizando a súa segunda mellor marca. Na final fixo unha gran carreira, empezando moito máis atrevida e rematou en 7º posto.
  • 1500 libre, proba na que entrou na final no 8º posto. Cando chegou o momento da final, demostrando unha gran confianza en si mesma e na súa forma de plantexar a proba, foi remontando durante a proba, rematando nada máis e nada menos que en 4º posto, realizando a súa mellor marca persoal.
  • 400 libre, acadando unha boa marca e un 10º posto que a deixou como reserva da final.

"Unha gran actuación a desta xoven nadadora, que a tempada que ven continua nas filas do Arteixo. Ademáis, pasará a formar parte do grupo de adestramento do Centro de Alto Rendimiento CAR de San Cugat. Sen dúbida será un gran salto para ela, ó que accede gracias ó gran traballo de base e sobre todo ó realizado no CGTD de Pontevedra estes últimos anos", remata Leiro.