O CNA compite no Campionato Galego Absoluto en Pontevedra
27 de diciembre de 2019 (08:58 h.)
Na Piscina de Rías do Sur de Pontevedra e sede do Campionato Galego Absoluto de Inverno dende mañá sábado 28 ata o luns 30
Celébrase en Pontevedra, na Piscina de Rías do Sur, o Campionato Galego Absoluto de Inverno. Esta competición celébrase dende o sábado 28 ata o luns 30 de decembro
O Club Natación Arteixo (CNA) asiste con un equipo de 8 nadadores e 7 nadadoras que participarán nun total de 51 probas individuais e 11 remudas. Neste evento reúnese o mellor de Galicia, e nesta ocasión tamén de fora, xa que é de carácter Open.
Será en dúas sesións, eliminatorias pola mañá e finais pola tarde, nas que entran os dezaseis mellores de cada proba. "Esperamos que o noso equipo remate 2019 competindo a tope e volte de Pontevedra con bos resultados", dixeron os entrenadores.