Rutas de Sendeirismo 2017

O Servizo Municipal de Deportes presenta as dúas últimas rutas de sendeirismo deste ano 2017: Ruta de San Xusto de Toxosoutos en Lousame (18 Km) e dificultade media baixaque terá lugar o 3 de decembro e a Ruta da Fervenza do Río Belelle en Neda (14 Km) e dificultade media baixa que terá lugar o 17 de decembro

Poderanse formalizar as inscricións a partires do 13 de novembro nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes persoalmente ou por mail na dirección deportes@arteixo.org.

  • Inscrición directa por orde de solicitude, con preferencia ás persoas empadroadas en Arteixo.
  • Pódese efectuar o pago do prezo público (unha vez emitida a carta de pagamento polo Servizo Municipal de Deportes) nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (http://www.arteixo.org/servizos/pagos-online).

 Prezo Público:

  • Maiores de idade: 15 € por etapa
  • Menores de idade: 10 € por etapa
  • O prezo inclúe transporte, picnic e seguros

Normas de funcionamento

  • Con carácter xeral é imprescindible ser maior de idade ou no seu defecto, maior de 10 anos con autorización do pai, nai ou titoría legal e acompañados.
  • Na programación deportiva municipal teñen preferencia as persoas que están empadroadas no Concello de Arteixo, existindo un número limitado de prazas para cada actividade, así como un número mínimo de prazas a cubrir para que a actividade se leve a cabo.
  • O Servizo Municipal de Deportes resérvase o dereito de efectuar as modificacións nas ubicacións, horarios, profesorado, etc., que considere necesarias.
  • No caso de que o Servizo Municipal de Deportes detecte falsidade nos datos o alumno causará baixa inmediata, sen dereito á devolución do importe abonado.
  • As persoas que asinan a folla de inscrición fan constar que non padecen ningunha enfermidade que o incapacite para a práctica deportiva, tendo feito o oportuno recoñecemento médico.