'A cara oculta da lúa', a curta participativa que plasma a evolución do feminismo
Pestudio estrea a súa curta participativa 'A cara oculta da lúa'. Un proxecto elaborado por un grupo de mozas galegas que pretende plasmar a evolución do pensamento e reinvidicacións feministas a longo do tempo.
A asociación Periodística, Estudios y Comunicación ven de estrear a súa curta participativa titulada "A cara oculta da lúa". Neste senso, a asociación coordinou un proxecto que foi completamente elaborado polas propias mozas participantes. Este pequeno filme enmárcase no programa Iniciativa Xove da Consiliaría de Política Social da Xunta de Galicia e ten como obxectivo representar os cambios nos imaxinarios colectivos en materia de xénero e a evolución da reivindicación feminista ó longo da historia.
A presidenta da asociación, Isabel García, presentou este xoves o proxecto agradecendo ós particantes a súa colaboración. "Creo que é moi interesante e emocionante ver o compromiso das novas xeracións coa igualdade de xénero que transmite a curtametraxe. A propia Isabel insistiu na necesidade de profundizar na defensa da igualdade dende unha perspectiva práctica e tamén intelectual.
Asimesmo, o proxecto serviu para iniciar ó grupo de mozas participantes no proceso de creación audivisual. As participantes experimentaron, sempre coordinados pola asociación, as labores de producción, guion, edición e difusión do producto audivisual. Neste senso, amosáronse satisfeitas por ter vivido esta experiencia de aprendizaxe nas novas tecnoloxías da información e comunicación.