“A loita social ten que ser para reclamar uns dereitos que che foron usurpados"
Son tantas as causas de loita como as inxustizas que se cometen na sociedade, incontables. Anxelina Casas é unha desas persoas que dende o semi anonimato adica o seu tempo a tantas loitas como asociacións. Forma parte de Nais contra a impunidade, asociación Andanza, a Fundación Esquecer ou Plataforma de Liñas de Alta Tensión. Dende Nais presta o seu tempo para loitar pola defensa dos presos e o esclarecemento de casos de tortura ou morte en institucións penitenciarias. Na asociación Andanza, movemento feminista, apoian a mulleres e homes con necesidades e dan o calor humano que precisan. Probablemente a causa máis mediática é a levada a cabo dende a Plataforma das liñas de alta tensión da Urbanización Sol y Mar de Oseiro. Loitas tan diversas como difíciles cun foco común: “os dereitos das persoas”.
Mentres falamos moitas persoas saúdan a Anxelina na terraza do bar que ela mesma rexentou anos atrás para saír adiante. Algunhas agradecen a súa labor e outras achéganse para trasladarlle alguna queixa por alguna caída debido ao mal estado das farolas renovadas hai un ano e pedir consello para buscar unha solución. Ela teno moi claro, hai que facer forza entre todos e todas e fai gala da súa consigna: “hai que seguir loitando día a día, a xente non se pode vir abaixo”
P- Cómo xurdiu a asociación Andanza?
R- Dunha unha iniciativa de mulleres. Foi un revulsivo porque se presentou como unha asociación feminista en Arteixo no ano 92. Dende aquela pouco se avanzou. A nivel lexislativo si pero a nivel cotiá aínda seguimos bastante atrasados. A xente nos coñece de boca en boca. Coñecemos casos que buscan apoio e asesoramento e os remitimos aos organismos onde poidan axudarlles pero facemos un seguimento por se non están contentos. Tamén hai casos de extrema necesidade tanto en homes como en mulleres. Somos unha asociación para loitar polos dereitos.
P- Cómo é a loita de día a día para reivindicar os dereitos?
R- A loita social ten que ser para reclamar uns dereitos que che foron usurpados. Unha reivindicación que nós fixemos sempre foi poder chegar ao concello. Cando se creou o CIM levamos moitas iniciativas ao concello. Nós entendemos que non hai un servizo de emerxencia para as necesidades humanas. Por exemplo, en violencia de xénero remíteche a servicios sociais e hai unha cantidade de trabas e protocolos que a veces se olvidan da persoa. Necesita unha atención, un acompañamento, alguén en quen confiar xa. As forzas de seguridade acoden pero deixan á persoa. Nós temos acompañado mulleres a comisaría que non sabían que facer. Reivindicamos ese factor humano. Buscamos asesoramento de psicólogos ou avogados que traballan de forma voluntaria pero tiña que existir ese equipo multidisciplinar que traballase as 24 horas de guardia, non só a nivel xurídico.
P- Deberíase escoitar máis á xente que sufre os problemas e menos aos expertos?
R- Se debería promover máis a participación cidadá, dando facilidades para que a xente se autorganice e se creen lugares de debate. Os profesionais son moi necesarios pero está todo moi desestruturado e a sociedade moi individualizada. A xente do asociacionismo notamos a falta de cohesión e de medios. En Arteixo hai locais socias infrautilizados e non dinaminazados. Son moi exclusivos dunha asociación e hai moitos atrancos e rivalidades. Hai que poñelos a disposición da xente. Nós, dende a plataforma da liña de alta tensión, xa non pedimos local social porque todo eran atrancos. Se a participación cidadá funcionase, o que a xente trasladase ás insitucións, como carencias ou necesidades, non deberían ser tomadas en contra, senón como unha aportación. Aquí acaban de poñer as farolas e as aceras. A obra non quedou ben, nós o vemos a cotío e o trasladamos ao concello pero o toman a mal. Os políticos deberían ser máis accesibles. Co problema das liñas de alta tensión, adxudicaron unhas vivendas sociais, mercadas a un empresario privado e facilitadas como vivendas sociais. Houbo xente á que lle mandaron trasladarse porque lle alteraba os marcapasos pero se renuncias á vivenda tes a penalización de que aínda que cumpras os requisitos non podes optar a outra vivenda social. Nós intentamos dar a coñecer esa situación e que se modificase a normativa e non se castigase á xente que tivo que marchar pero non o recolleron.
P- A xente perdeu a esperanza da loita social?
R- A mesma sociedade e os medios de comunicaciónn se encargan de fracturar a sociedade e a xente vai polos seus propios intereses. Os locais sociais tiñan que avanzar e servir tamén para ofertar as comunidades a que fagan reunións e de aí xurdirían os grupos.
Cres que hai unha parte das institucións que intenta evitar esa cohesión social por medo? Sí porque gústalle ser eles os protagonistas. A xerarquía nace de arriba para abaixo sen preguntar as necesidades. Non se achegan á sociedade e non animan a que se autorgonice como se lle tiveran medo de que aí saíse un revulsivo incontrolable.
P- Temos liberdade de expresión?
R- Sí
P- E censura? Moitísima.
R- A liberdade de poder expresarse si pero pode ser fácilmente sancionada con multas ou apercibimentos. Non hai transparencia para poder comunicar as cousas que afectan á cidadanía. A comunicación segue estando moi castigada.
P- Fixeches o prólogo do libro de Xosé Tarrío, de Nais contra a impunidade, cómo está esa loita?
R- Castígase as persoas que reclaman os dereitos e que piden que se esclarezan uns feitos e quedan impunes aquelas persoas que non son investigadas. Todas as persoas que traballan nas forzas de seguridade do Estado teñen unha responsibilidade. E se non o cumpren hai que castigalo e non tapalo e facer coma se non pasase nada. Nós pedimos o esclarecemento da morte de Diego Viña nos calabozos pero tápase todo e non hai respostas. Non hai un castigo directo nin unha investigación pero as persoas se sensibilizan máis para que este tipo de abusos non sucedan. A nós non nos van calar por moitas multas que nos poñan. Son persoas moi valentes que se atreven a enfrentarse a institucións e con pouco apoio social. As cárceres están cheas de persoas pobres e hai moito castigo dentro das prisións por reivindicar dereitos. Se nos vende que se reinsertan pero os profesionais non son suficientes para esas persoas. En países avanzados péchanse cárceres por delitos sociais que son subsanables fóra e aquí a poboación reclusa aumenta, é algo para analizar. Algo falla.
P- Hai delitos que poden cumprirse fóra da cárcere?
R- Sí, se castiga demasiado. Fan falla centros terapéuticos. Por exemplo, nas cadeas faise un traballo, ese salario non é o mesmo que unha persoa fóra da cadea. Xa non é unha reinserción completa. A empresa que vai recibir ese traballo xa ten as instalación que as pon o estado. As cárceres son tamén un negocio e non digamos se se privatizan como está pasando noutros países, a seguridade xa está semiprivatizada. A dispersión dos presos é tamén un tema gravísimo. Castígase á persoa presa, familia e amigos. Como Nais contra a impunidade vemos que a cárcere destrúe a persoa. Tamén a nivel económico porque non é o mismo ir a visitar a unha persoa a Teixeiro que a Cádiz, cando son por delitos comúns.
P- Sempre tiveches unha inquietude de loita?
R- Xa o vivín na casa. Crieme coa miña avoa e ela xa empatizaba cos demais. Teño esa base xenética e ademáis eu creo no grupo, na solidariedade e na colectividade.
Mirian Cancela / Oseiro