O acordo entre PSOE y Esquerra Republicana de Catalunya, un agravio para Galicia

Foto archivo Diario de Arteixo
O Presidente Alfonso Rueda fai unha declaración institucional.

Para o Presidente galego, o acordo entre PSOE y Esquerra Republicana de Catalunya é un agravio para Galicia.

Di que "onte, 2 de novembro, coñeceuse o texto do acordo entre o PSOE e Esquerra, no que a investidura de Pedro Sánchez queda condicionada ao cumprimento dunhas cláusulas que segundo a Presidente dos galegos e galegas, suporía "sen ningunha dúbida un importante agravio para Galicia".

Ademais na práctica, o acordo suporçia a transformación da actual España autonómica nun modelo de Estado distinto. "Nun modelo que staría baseado na asimetría entre os diferentes territorios que conforman a nación; no aumento dos privilexios duns poucos en detrimento dos dereitos do resto".

O pacto recolle que a Administración Xeral do Estado vai asumir parte da débeda que ten coa Comunidade Autónoma de Cataluña: 16.300 millóns de euros (15.000 da débeda principal e 1.300 do aforro en  si se da o caso).

Esta medida suporia para cada galego asumir unha carga adicional de máis de 400 euros, dunha débeda "que non é nosa", afirma o Presidente. "É aproximadamente o coste de soster os servizos sociais durante todo un ano", declarou.

Pola súa banda o BNG traballa nun documento de negociación co Executivo nacional: compensación ante calquera recorte de débeda a outras comunidades; menos peaxes naAP9; servizo ferroviario de cercanías; máis xultados de violencia de xénero; novas transferencias, etc.