Sogama recibirá biorresiduos de Arteixo dende o mes de febreiro

A nova planta de biorresiduos será decisiva para axudar a cumprir o obxectivo europeo de reciclar o 50% dos deshechos no ano 2020

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, destaca o novo fito de Sogama por situar á Galicia á cabeza da redución e reciclaxe dos residuos. Así o manifestou durante unha visita ás instalacións do Complexo Medio Ambiental de Sogama, con motivo da celebración dos 20 anos da súa posta en marcha. Na oportunidade, avanzou que a nova planta de compostaxe do complexo de Cerceda comezará a recibir biorresiduos dos concellos de Arteixo, A Laracha e Carballo no vindeiro mes de febreiro.

Vázquez destacou que esta nova planta de compostaxe será decisiva para axudar a cumprir o obxectivo europeo de reciclar o 50% dos residuos no ano 2020, grazas a súa capacidade para procesar ata 15.000 toneladas anuais de materia orgánica dos concellos máis próximos e obter ata 4.000 toneladas de compost. Engadiu que esta planta reforzará o programa de compostaxe doméstica activo en toda Galicia, aos que están adheridas máis de 330 entidades -189 concellos, 126 centros educativos e 19 colectivos sociais- ás que xa se lle entregaron máis de 11.200 composteiros.

Investimento

Asemade, a Consellería de Medio Ambiente destinará 25 millóns de euros -ata o ano 2022- para iniciar a posta en marcha de tres plantas públicas de tratamento de biorresiduos domésticos, unha por cada unha das provincia. Tamén un investimento de 700.000 euros en axudas para desenvolver plantas deste tipo, por parte dos concellos ou da iniciativa privada, que complementarán ás que promove a Xunta de Galicia.

A conselleira destacou o papel que xogou Sogama para evitar o deterioro ambiental de Galicia. A súa posta en funcionamento, hai 20 anos, iniciouse o camiño para eliminar máis de 3.000 puntos de vertido incontrolados espallados pola Comunidade. Hoxe ten tratado máis de 10 millóns de toneladas de lixo, unha cantidade coa que se podería encher ata 50 veces o estadio de fútbol de Riazor.

Outro dato que dá conta da súa importancia é que no ano 2001 eran 71 os concellos que estaban adheridos a Sogama, mentres que hoxe dá servizo a 295 concellos, o que se traduce xestionar cada día os residuos do 83% da poboación galega, de máis de 2 millóns de galegos.

Equipamiento y remodelación

Ángeles Vázquez salientou que a calidade deste servizo é grazas ás actuacións de mellora e actualización que se levaron a cabo e que posiciona a Sogama como unha das plantas máis grandes e eficientes do mundo. De feito, recordou que se destinaron 31 millóns de euros á construción e equipamento dunha nova planta de recuperación de materiais contidos na bolsa negra, en liña coa industria 4.0 e operativa dende novembro de 2018, e á remodelación da planta de reciclaxe de biorresiduos, tratamento e elaboración de combustible, na que se selecciona da bolsa negra a parte susceptible de ser reciclada e co resto prodúcese un combustible que alimenta unha planta termoeléctrica na que se xera, de forma limpa, tanta electricidade como para abastecer ao 12% dos fogares galegos.

Explicou ademáis que grazas a esta valorización material e enerxética, en Galicia o índice de vertido en 2018 situouse nun 25%, unha porcentaxe moi inferior tendo en conta que en España só hai 10 plantas deste tipo e o uso do vertedoiro dispárase ata o 54%.

“Sogama é un referente en Europa e no mundo”, argumentou a conselleira; xa que con esta valorización Sogama adiántase 15 anos ao prazo pretendido pola Unión Europea, logrando neste 2020 o 10% de límite de vertido que Europa propón para 2035.

Instalaciones de Sogama en Cerceda