Presentado en sociedade o Cluster galego da Construcción

Foto arquivo
O Cluster galego da Construcción representa a un sector que aglutina a 8.500 empresas e 80.000 traballadores na comunidade.

O novo Clúster permitirá avanzar na innovación, mellora da competitividade e modernización da construcción galega.

Na presentación do novo cluster galego da Construcción participou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda. Na súa intervención destacou que a construción “é unha parte moi importante da economía e o tecido produtivo de Galicia” e que se trata dun sector que o Goberno autonómico vai seguir incentivando a través da licitación nos vindeiros de meses de contratos de obra pública por máis de 130 millóns de euros".

Así Rueda anunciou que nos vindeiros meses a Xunta vai licitar contratos de obra pública por un importe superior aos 130 millóns de euros. Entre os
proxectos máis importantes están:

  • as primeiras pezas do novo Hospital Universitario da Coruña , nas que se investirán máis de 60 millóns de euros
  • a estación intermodal de Lugo que contará cunha partida de 22 millóns

Tamén, á hora de promover a obra pública, Rueda destacou a importancia de que Galicia conte “cos maiores orzamentos da súa historia” así como “solidez financeira para poder pagar” e estabilidade política, “o que facilita manter os contratos”.

Cluster da construcción

Ademais o presidente calificou de “magnífica nova” a decisión dos empresarios e profesionais galegos da construción de unirse a través deste clúster para procurar a modernización e innovación do sector así como mellorar a competitividade das empresas galegas e buscar solucións a retos do futuro máis inmediato como a modernización tecnolóxica, o cambio climático ou a falta de man de obra actual. O presidente lembrou que os clúster “son uns interlocutores fundamentais” que transmiten ás administracións “o sentir do sector” e logo trasladan os acordos logrados de novo as empresas e traballadores. Por iso, a Xunta destina 500.000 euros ata 2024 a apoiar aos clúster emerxentes, entre eles o da construción.

Por último, durante a súa intervención, Rueda animou ao sector, que aglutina a 8.500 empresas e 80.000 traballadores na comunidade, a seguir medrando e situar Galicia á vangarda neste eido. “En Galicia se constrúe e se constrúe moi ben desde hai anos”, sinalou o presidente, quen fixo fincapé en que “se lle vai ben á construción lle vai ben a Galicia”.