Os maiores de sesenta e cinco anos viaxan de balde no transporte público da Xunta
A medida entra en vigor en xaneiro de 2024.
Neste sentido, o presidenta da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou o 25 de outubro que, a partir do 1 de xaneiro de 2024, todos os maiores de 65 anos poderán viaxar de balde no transporte público da Xunta.
Trátase dunha medida da que se beneficiarán máis de 50.000 persoas.
Destacar que o mandatario galego adiantou esta medida no Pleno do Parlamento de Galicia, onde apuntou que esta iniciativa se suma a outras do Goberno galego de apoio a este colectivo como o Carné +65, semellante ao Carné Xove, e que permitirá a este colectivo desfrutar de descontos en servizos, establecementos ou ocio.
Ademais o obxectivo desta nova medida do Goberno galego é ampliar a este colectivo a gratuidade que xa se aplica aos menores de 21 anos a través da tarxeta Xente Nova e da que xa s benefician preto de 160.000 mozos galegos. Busca impulsar a mobilidade sustentable na comunidade e facilitar os traslados as persoas maiores, especialmente no rural, que moitas veces dependen do transporte público para acudir ao centro de saúde, facer algún trámite ou desprazarse a unha actividade de lecer.