O convenio do bus urbano a Meicende deberá ser renovado
O concello de Arteixo, a Xunta de Galicia e o concello de A Coruña asinaron no ano 2015 o convenio que posibilita a parada en Meicende do bus urbano de Coruña. Este convenio tiña unha vixencia indefinida. Nembargantes, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de afirmar que dito convenio debe ter unha data de finalización. Debido a isto, o convenio deberá ser renovado cada catro anos.
Esta modificación trátase dun cambio administrativo que non afectará o actual servicio de autobuses na área de Meicende. O convenio polo que se rixe o funcionamento do servizo de buses firmouse logo de que se aprobase a lei de racionalización da administración. Unha normativa que permite traspasar fronteiras municipais en materia de transporte público.
Esta normativa ofreceu unha base legal para que Arteixo, Coruña e a Xunta de Galicia acordasen, mediante convenio, que o transporte público urbán de A Coruña dispuxese de varias paradas en Meicende. Unha reivindicación histórica da veciñanza de Meicende.