Volve "O Son do Camiño" o 16, 17 e 18 de xuño
O Monte do Gozo é a sede da esperada terceira edición do festival "O Son do Camino"
Os próximos días 16, 17 e 18 de xuño volve "O Son do Camiño" ao Monte do Gozo, sendo esta terceira edición do festival a máis esperada polo seu público. Con motivo da pandemia pola SARS-CoV-19, a edición do ano 2020 tivo que verse aprazada ata este ano 2022, onde a situación sanitaria permite a celebración deste tipo de eventos.
A volta do festival
Foron moitos os problemas derivados das restriccións dos dous anos anteriores. Entre eles a cancelación de grandes artistas internacionais como Bad Bunny ou Daddy Yankee, a devolución de entradas por parte do público por cambios de data ou os cambios na axenda do ano Xacobeo.
Con todo, este ano O Son do Camiño volve máis forte ca nunca e co apoio incondicional da xente e dos artistas. Por iso, esperamos que esta edición estea cargada de enerxía positiva, moita e moi boa música, e que volva ese ambiente que fai vibrar ata o último recuncho do Monte do Gozo.
O cartel desta edición acolle a moitos e moitas artistas de calado internacional, nacional e do ámbito da música galega máis punteira do momento:
- Internacional: Neste ámbito esperamos actuacións de grandes de diversos xéneros. The Chemical Brothers, Tïesto (electrónica y dance), Liam Gallagher, Foals (rock/indie), Anuel AA, Sebastian Yatra (Reggaeton), Nathy Peluso ou Nicki Nicole.
- Nacional: Do Rap ao Pop, pasando polo máis indie do panorama español como Kase.O, Rayden, Dani Martín y Dani Fernández, Rigoberta Bandini, Carolina Durante, La M.O.D.A, Carlos Sadness ou C.Tangana.
- Galego: Tanto os de sempre coma as novas promesas que levan anos demostrando o seu talento. Guadi Galego, Budiño, Triángulo de Amor Bizarro, The Killer Barbies, Wöyza, Furious Monkey House, Sen Senra, Boyanka Kostova ou Kings of The Beach
E moitos máis artistas que poderedes consultar na páxina web do festival.Esperamos vervos disfrutar desta nova edición como disfrutamos da última, que non foi pouco...