Os alcaldes de Arteixo e A Laracha no obradoiro de emprego
Os alcaldes de Laracha e Arteixo, José Manuel López e Carlos Calvelo, visitan o 22 de marzo de 2018, o obradoiro A Laracha-Arteixo: colaborando polo emprego, que se leva a cabo na procura de tres obxectivos fundamentais: mellorar a empregabilidade dos participantes, crear postos de traballo e mellorar as infraestruturas públicas de titularidade municipal.
A organización é a cargo de ambos concellos e cóntase coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia para o seu financiamento. Os alcaldes visitaron os traballos que levan a cabo os participantes en lugares como o parque forestal de Monticaño en Arteixo.
Os rexidores visitaron os traballos de recuperación de unha senda tradicional que comunicaba Meicende e Arteixo, o camiño da Fragua.
Nove meses de clases prácticas e teóricas cobrando un salario e aprendendo dúas especialidades, xardinería e carpintería e moble. Vinte veciños sen traballo dos municipios de A Laracha e Arteixo terán a oportunidade de realizar este obradoiro de emprego no que a subvención da Xunta de Galicia e de 280.000 euros.
Ademáis de acondicionar o tradicional camiño da Fragua entre Pastoriza e Meicende, os coñecementos que adquiran neste taller os aplican tamén nos traballos de acondicionamento do edificio administrativo de Torás en Laracha e a restauración da pasarela del paseo fluvial de Cabovilaño en A Laracha.