Guía para o retorno á actividade dos sectores non esenciais

Francisco Conde, mantivo unha videoconferencia con representantes de AJE Galicia donde se abordou o retorno á actividade dos sectores non esenciais

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo esta mañá unha videoconferencia con representantes de AJE Galicia donde se abordou o retorno, hoxe, á actividade dos sectores non esenciais. Neste sentido, a Xunta, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), elaborou unha nova guía de recomendacións preventivas ante o coronavirus. O obxectivo é garantir a saúde das persoas traballadoras no reinicio da actividade empresarial e industrial. Alí recollese medidas para as diferentes situacións.

Medidas económicas e reactivación

Por

outra parte, Conde trasladou aos representantes de AJE que a Xunta de

Galicia está

traballando en dous escenarios. En primeiro lugar no curto prazo, con

medidas económicas de choque para inxectar liquidez inmediata no

tecido empresarial.

Como

a liña de préstamos de ata 200.000 euros que xa rexistrou máis de

mil solicitudes por importe de 79,3

millons de euros. O,

aprazamento das cotas de amortización e xuros

e a

axilización do pago a provedores.

Tamén a

suspensión dos prazas para a presentación de varios impostos. 

En segundo lugar, Conde faló das iniciativas a medio prazo para estar preparados para a reactivación económica tras o coronavirus. Se centrarán no apoio aos investimentos, o impulso ao emprego e no estímulo á demanda para potenciar os sectores máis resentidos. O obxectivo é contar con medidas que volvan situar aos autónomos e ás pemes como o verdadeiro motor da recuperación tras o coronavirus.