33º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía
07 de noviembre de 2023 (15:53 h.)
O Concello de Arteixo, para contribuír ao desenvolvemento da narrativa galega e honrar o seu Patriarca, convoca con carácter anual o 33º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía.
O Concello de Arteixo, para contribuír ao desenvolvemento da narrativa galega e honrar o seu Patriarca, convoca con carácter anual o 33º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía coas seguintes BASES:
- Poderán concorrer todas as autoras e autores que o desexen cun único relato, de temática libre e escrita en lingua galega.
- Os relatos, que deberán ser orixinais e inéditos en calquera soporte (papel, electrónico, etc.), deberán tamén ofrecer unha extensión non inferior a 15 páxinas nin superior a 30.
- Os traballos presentaranse por cuadriplicado e baixo plica.
- O prazo de presentación de orixinais rematará o 31 de xaneiro de 2.024.
- Non se admitirá máis de unha obra por autor/a. Deberá enviarse sen remite e facendo constar no sobre "33º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía" ao seguinte enderezo:
- Concello de Arteixo; Praza Alcalde R Dopico nº 1; 15142 Arteixo; A Coruña
- Establécense tres premios: un primeiro premio dotado con 4.000,00 €, un segundo de 2.000,00 € e un terceiro de 1.000,00 €.
- A contía dos premios inclúe o pagamento dos dereitos de autor relativos á primeira edición das obras no ámbito dun volume colectivo que poderá publicarse nos 5 anos seguintes á concesión dos galardóns.
- O xurado, constituído por membros de recoñecida solvencia, será designado polo Concello de Arteixo e fará pública a súa decisión inapelable o 10 de maio de 2024. Adoptará os acordos por maioría de votos e reservarase o dereito de declarar desertos todos ou algúns dos premios se as obras presentadas non reuniran os méritos suficientes.
Os tres finalistas deberán estar presentes o día 10 de maio de 2.024 no acto de entrega para recibir os premios.