#52findes da Deputación nas redes
#52findes. "52 fins de semana na provincia da Coruña" é o título da campaña de promoción turística nas redes sociais que neste verán impulsa a área de Turismo da Deputación da Coruña.
A iniciativa #52findes, que se da a coñecer cada venres da semana, prolongarase ao longo de todo o ano con propostas para coñecer o territorio de maneira activa.
As redes sociais, de maneira especial facebook e instagram como máis acaídas para o obxectivo da iniciativa, acollen a campaña de promoción turística da Deputación da Coruña que ten como obxectivo ofrecer 52 plans de fins de semana (#52findes) para coñecer este ano os principais puntos de interese do territorio.
A campaña arrinca en agosto (2019) pero prolongarase ao longo de todo o ano, publicando cada venres unha información cun plan de fin de semana, tanto eventos como actividades, visitas ou rutas.
Contidos de promoción do patrimonio cultural, etnográfico e natural, eventos gastronómicos, culturais, festivos ou deportivos son algunha das temáticas que convidarán a persoa usuaria a coñecer de maneira activa o territorio da Coruña.
A iniciativa da Deputación da Coruña botou a andar na primeira fin de semana de agosto tendo como protagonista o festival de arte urbana Desordes Creativas de Ordes.