A Consellería pon en marcha un programa para dinamizar a lectura a través das bibliotecas
‘Ler conta moito’ é o nome desta iniciativa e segundo dixo o su responsábel “impulsaremos a lectura como un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal, a través da programación de actividades lúdicas e de calidade nas bibliotecas públicas galegas”.
Coa intención de darlles a oportunidade de integrarse no programa a todos os axentes que interveñen na dinamización da lectura en Galicia, está aberta unha convocatoria pública para que presenten as súas propostas de actividades. As bases desta convocatoria, que estará aberta ata o 7 de marzo, poden consultarse en rbgalicia.xunta.es. g