A Deputación da Coruña acolleu o último pleno do actual mandato
A Deputación da Coruña acollleu o 26 de Xuño de 2019 o último pleno do actual mandato, unha sesión de trámite para a aprobación das actas que serviu tamén como despedida da corporación. A sesión incluiu unha lembranza da deputada Ánxela Franco, falecida o pasado 2 de xuño.
O presidente en funcións, Valentín González Formoso, agredeceu “a conxunción de traballo e compromiso” tanto dos traballadores e traballadoras da Deputación coma dos políticos “que fai desta unha institución eficiente ao servizo da cidadanía”.
“Esta corporación foi o que a
xente quixo que fora”, afrmou González Formoso, que destacou que, a pesar “das
posicións políticas moi diferentes tivemos a capacidade de pór por enriba de
todo os intereses xerais da provincia”:
“Escasean os foros políticos neste país onde o entendemento sexa o
motor da institución, e neste caso na Deputación non fallamos a ese compromiso,
que debemos seguir aboando porque deixa moi bós froitos”, afirmou.
Un ramo de flores no seu escano e un minuto de silencio lembraron neste último pleno da corporación á deputada Ánxela Franco, falecida o pasado día 2 de xuño. Tanto o presidente da Deputación, Valentín González Formoso como a vicepresidenta, Goretti Sanmartín Rei, interviron no pleno para destacar a honestidade, valentía e compromiso de Ánxela Franco.
González Formoso destacou da deputada que dirixiu a área de Benestar
Social, Educación e Igualdade, a súa "defensa do interese xeral,
honestidade consigo mesma e a sociedade" e definiuna como unha
"persoa sinceira, que nunca deixou de dicir o que pensaba, un orgullo tela
como compañeira e amiga".
Pola
súa parte, Goretti Sanmartín, mostrou a tristeza pola ausencia dunha muller que
retratou como "temperamental, profundamente emocional, comprometida,
inmensamente traballadora, capaz de empatizar con quen se achegaba a ela e
tamén de mostrar o seu xenio cando era necesario". Afirmou