A Deputación leva sinalizados 200 quilómetros como vías prioritarias para ciclistas
Ademais da de Miño a Pontedeume, xa contan con sinalización deste tipo as vías de Trasanquelos a Vilacova; de Cortiñán a Vilacova; de San Vicente de Vigo a Oza dos Ríos; de Ares a Redes; de Ledoño a Arteixo; de Arteixo a Caión; de Betanzos ao límite da provincia de Lugo; de Noia a Boiro; de O Temple a Cambre; de Laracha á Silva por Golmar; de Ponte do Porco a Vilamateo; de Oleiros a Coruxo de Arriba; de Santiago a Santa Comba; de Campolongo a Betanzos; de Comparada a Ponte Beluso; e de Ponte Beluso á Ponte de San Francisco.
Con esta iniciativa pioneira ata o momento nunha institución pública, a Deputación Provincial pretende dar resposta ás demandas dos ciclistas para conseguir unha maior seguridade cando saen a entrenar polas estradas da provincia máis transitadas por eles, sobre todo nos días festivos e durante as fins de semana.