"A vila do mañá": unha proposta da infancia carballesa
O libro "A vila do mañá" recolle as propostas da infancia carballesa para o Carballo do futuro.
As familias dos nenos e nenas que participaron nos obradoiros dos anos 2018 e 2020 poden recoller os seus exemplares na Biblioteca Rego da Balsa
O Concello de Carballo suma á infancia nos procesos de participación pública. En concreto, o libro "A vila do mañá" recolle as propostas dos nenos e nenas para o Carballo do futuro.
O proxecto, da arquitecta Sandra , estimula unha actitude crítica e busca empoderar aos nenos e nenas como cidadanía activa. "Eles, apuntan desde o Concello, son os responsables do Carballo do futuro". No proxecto, ademais do Concello carballés, colaboran: o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia; a Escola Técnica Superior de Arquitectura; a Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego, Post Arquitectos.
Os libros poden recollerse (ata fin de existencias) na Biblioteca Rego da Balsa. Por alí poden pasar para recollelo as familias dos nenos e nenas que participaron nos obradoiros realizados nos anos 2018 e 2020 e tamén calquera outra persoa interesada. No obradoiros participaron nenos e nenas de 5 a 12 anos de idad.
A arquitecta Sandra González Álvarez, reflexiona desta maneria sobre a evolución de Carballo nos últimos tempos:“Penso que o trabalo que se está facendo desde o Concello de Carballo, facendo renacer a vila pensando nos seus cidadáns, pon a Carballo na vangarda das vilas galegas, e para a min, por conseguinte, na vangarda do urbanismo. Creo que Carballo é a vila do mañá”.