A Xunta amplia ata os 12 meses as axudas para favorecer a conciliación dos autónomos
A Xunta vén de
publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a axuda
específica dirixida a autónomos para financiar durante 12 meses a contratación
dun desempregado ou do traballador que se atope cubrindo a baixa por
maternidade ou paternidade.
O Goberno
galego con esta iniciativa amplía en 52 semanas a bonificación de 16 semanas do
Estado, o que permitirá aos pais e nais autónomos manter durante un total de 68
semanas este apoio.
Apoiaranse as
contratacións que, cumprindo cos requisitos esixidos, se realicen entre o 1 de
outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019 para un mínimo de 6 meses. Para ter
dereito á axuda, previamente a persoa traballadora autónoma debe ter estado de
baixa por maternidade ou paternidade e no prazo dos quince días naturais
seguintes ao da finalización da baixa por maternidade ou paternidade ter
realizado un contrato de calquera modalidade.
O prazo de
solicitude desta actuación, que a Xunta puxo en marcha en Galicia de xeito
pioneiro hai dous anos, estará aberto ata o 30 de setembro. O Goberno galego, a
través da Estratexia Autónomo 2020, investirá este ano 600.000 euros nesta
actuación que naceu con carácter permanente, é dicir, que está previsto que se
siga prorrogando nos vindeiros anos.