A Xunta iniciará o 7 de xuño a fase de voaduras para executar a parte do enlace co polígono de Morás
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciará mañá, 7 de Xuño, a fase de voaduras para acometer a parte do enlace de conexión co parque empresarial de Morás, en Arteixo, situada na marxe dereita da estrada AC-551.
Estas
actuacións, cun prazo de execución duns dous meses, inclúen microvoaduras que
farán necesarios cortes puntuais do tráfico na citada vía autonómica. A
paralización momentánea da circulación estará axeitadamente sinalizada para
garantir a seguridade viaria.
As obras
centráronse ata esta semana no movemento de terras na marxe esquerda, onde está
situado o polígono.
A Xunta
prevé que este acceso á zona industrial de Morás estea rematado e en servizo a
finais deste ano, cun investimento de preto de 4,4 millóns de euros. Para isto,
os traballos, que comezaron a finais de marzo, avanzan a bo ritmo e están
executados nun 25%, o que permitirá cumprir prazos.