A Xunta licitará as obras de elctrificación do parque empresarial de Morás
A
empresa pública Xestur Galicia licitará as obras de electrificación
do parque empresarial de Morás, no Concello de Arteixo; despois de
que o Consello de Administración autorizara a contratación de ditas
obras.
A
licitación realizarase por un importe de 1.146.678,95 euros e o
prazo de execución fixado no contrato de licitación é de tres
meses.
Por
outra parte, o Consello de Administración de Xestur tamén adxudicou
o contrato para o control de calidade das conexións exteriores do
parque empresarial. O contrato foi adxudicado á empresa CYE- Control
y Estudios S.L. por importe de 14.157,80 euros.
Cómpre
recordar que a comezos de marzo, Xestur tamén adxudicou as obras de
explanación de seis plataformas no parque empresarial de Morás, así
como o control de calidade de dita obra, por un importe total de máis
de 1,68 millóns de euros.