Xurxo Couto apoia a candidatura de Ana Pontón á presidencia da Xunta
Xurxo Couto, concelleiro do Concello de Arteixo polo Bng, fai un balance da política actual en Galicia e explica por que hai que votar á candidata do seu partido á presidencia
Eleccións Autonómicas: desde Arteixo, Xurxo Couto fala do actual goberno galego, doutros partido e da candidata do Bng á presidencia.
¿Que balanzo xeral fai da xestión a nivel galego do actual goberno da Xunta de Galicia?
Non é un balanzo positivo desde logo. Para comezar poderiamos falar da falta de democracia e liberdade que hai na RTVG, que xa levan anos protestando por unha maior liberdade de información; e por continuar coa sanidade e podemos recorder o caso de Verín, meses de protesta; así como as dimisións dos 27 directores de centros de saúde na zona de Vigo ou os contratos a sanitarios que son por horas ou días…demencial nestes tempos que corren. Poderiamos seguir a falar da intención de privatizar a Educación e temos que ter en conta que se queremos ter unha Educación de alto nivel non podemos facer que dependan de se a podemos pagar ou de si a empresa que se beneficie poña por diante esto mesmo antes de ofrecer calidade no ensino. Estes 3 exemplos son moi clarificadores.
¿En qué se beneficiou en forma particular o Concello de Arteixo durante esta mesma xestión e en que non?
O Concello de Arteixo non se debería de beneficiar en nada porque o PP de Feijoo debe gobernar para todos por igual. En cambio, si que notamos as neglixencias que tamén podemos ver noutros concellos: Unha rotonda de Sabón que se sabía que se necesitaban 3 niveis e só sse fixeron 2. Un centro de saúde como o de Vilarrodís que non ofrece ningún servizo dos que xa tiña o noso concello cando hai unha poboación en aumento constant en Arteixo e necesitamos cada vez máis servizos sanitarios e de planificación urbanística…seguimos coas mesmas normas de hai 25 anos cando Arteixo contaba con 18.000 habitantes o que nos leva a pensar que non lle interesa a ningún goberno do PP quitalo, por que será?
¿Por que hai que votar á candidata do Bng, Ana Pontón, este ano para que goberne a comunidade autónoma?
Por que ten solucións diferentes para Alcoa e a industria da comarca e do país; porque Galiza é unha potencia enerxética ( hidroeléctrica, eólica, solar…) e só enriquecemos empresas de fora que só nos devolven pobreza medioambental; porque son fundamentais políticas de emprego que non se basen no empobrecemento e precarización da sociedade; e podería seguir a falar do sector primario tan ninguneado polo pp, a educación tan deficiente ou a sanidade tan empobrecida cos nosos sanitarios, ese que tanto aplaudimos e cobrando por contratos de horas…que sorte tivemos que o COVID 19 non nos tocase moito.
¿Como estima que podería compoñerse o Parlamento de Galiza tras as eleccións autonómicas do 12 de xullo?
Pois cun cambio sustanciable a como o temos agora mesmo. Un parlamento que desenvolva políticas diferentes mirando aos problemas que temos no noso territorio día a día e non dependendo do que nos digan fora da nosa terra, alí teñen problemas moi diferentes porque teñen un territorio moi distinto.
¿Que valoración fai dos distintos partidos políticos que se presentan a estas eleccións autonómicas?
Pois son máis do mesmo. Ningún vai ofrecer políticas moi diferentes uns de outros. Algúns máis agresivas outros menos pero todos miran nunha mesma dirección, for a de Galiza, todos dependen dos que lles digan fora. Os únicos que miramos e temos os pés na nosa terra, que é onde vivimos, somos o BNG.