Animan á poboación a vacinarse contra a gripe

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
As autoridades sanitarias galegas recordan a todos os usuarios que poden vacinarse contra la gripe ata o 27 de decembro cando finaliza a canpaña

O Parlamento de Galicia anima á poboación, especialmente aos grupos de risco, a vacinarse contra a gripe. Así o dixo o vicepresidente primeiro da Cámara, Diego Calvo Pouso, nunha visita ao servizo médico da institución, onde administran esa vacina a deputadas e deputados e ao persoal do Lexislativo autonómico.

As autoridades sanitarias galegas recordan a todos os usuarios que a campaña de vacinación antigripal continúa en marcha ata o 27 de decembro, ao tempo que convidan a todas as persoas incluídas nalgún dos grupos prioritarios a importancia de protexerse fronte á gripe. A vacina antigripal, non só limita o número de casos de gripe, senón que diminúe as posibilidades de que aparezan formas severas da enfermidade e reduce o risco de complicacións, hospitalización e morte.

Colectivos

Ademáis, informan que aínda quedan máis de 200.000 galegos que se poden beneficiar desta vacina. A vacina recoméndase a persoas de 60 anos ou máis, persoas residentes en institucións pechadas de calquera idade, mulleres embarazadas, nenos e adolescentes con tratamentos prolongados con ácido acetilsalicílico (AAS) e persoas entre seis meses e 59 anos con situacións de saúde que as predispoñan a padecer complicacións derivadas da gripe.

Tamén, desde este mesmo ano, o Sergas inclúe como poboación obxectivo, aos nenos de entre seis meses e dous anos de idade que naceran prematuros. Do mesmo xeito, animan a vacinarse contra a gripe a aquelas persoas que por razóns de convivencia ou laborais lle poden transmitir a gripe a persoas incluídas nos colectivos de risco (caso dos traballadores sanitarios) e a profesionais que desenvolven servizos esenciais á comunidade.