Arteixop, o evento de gastronomía, ocio e compras, abre as portas o venres 29 de Marzo
Nunha rolda de prensa celebrada na Oficina de Turismo de Municipal, a carón da cúpula baixo a que se celebrará o evento, e na que asistiron representantes do Concello e do Arteixo CCA, presentouse o Arteixop, actividade de gastronomía, ocio e compras que terá lugar esta fin de semana en Arteixo.
No espazo ten cabida máis de 20 comercios tanto de Arteixo coma doutras vilas de Galicia, ofrecendo grandes descontos nas mellores marcas, ademais de 5 expositores de vehículos de ocasión con más de 120 coches a la venta. E están acompañados dunha oferta gastronómica internacional da man de foodtrucks, e de zonas de xogo con marcas tan coñecidas como Playmobil, RollyToys ou SuperZings.
“Arteixop é un formato diferente do que estamos acostumados a ver”, comenta Emiliano Cossini, xerente do Arteixo Centro Comercial Aberto, organizadores do evento. “Antes tiñamos unha feira de oportunidades e de vehículos de ocasión con actividades, mentres que o que estamos a presentar é unha festa onde pasar o día, comendo nas terrazas, xogando, de compras ou buscando o un coche novo” relata.
Para Patricia Amado, Concelleira de Promoción Económica, este evento é “algo novidoso que precisaba a nosa vila e que vai ser moi ben acollido”, comenta. “Toca analizar o noso entorno e ofrecer actividades actractivas, porque os consumidores son cada vez máis esixentes”, dixo Amado. Un evento que, segundo os organizadores, “foi tratado con moito mimo e coidado, para que a xente o desfrute só polo feito de pasear polo recinto”. A afluencia de público esperada é de entre 3.000 e 4.000 persoas diarias. Aínda que Cossini aclara que “non hai referencias claras con anos anteriores; este evento é distinto a unha Feira de Oportunidades, no que as horas baixas adoitaban ser a hora da comida, e aquí seguramente sexan as de maior afluencia de público”.
Son 6 as foodtrucks que están no Arteixop, ofrecendo sushi, comida mexicana, pizzas e outros doces. Pero tamén propostas galegas e unha barra de bebidas que se poden tomar nos 200 metros cadrados de terrazas que se ubicarán na parte central do recinto.
Resalta Emiliano Cossini que o Arteixop é o primeiro dos eventos dunha nova estratexia que está a desenvolver o Arteixo CCA. Coa intención de xerar hábitos de consumo que fagan que os e as arteixás comecen a pasar as fins de semana na vila, a entidade pulará para que haxa unha actividade atractiva para os e as veciñas cada último sábado de mes. “O derradeiro sábado é unha campaña que engloba o resto de campañas, e coa que pretendemos facerlle ver á xente, polo menos un día ao mes, a estupenda oferta de ocio, comercio e gastronomía que temos en Arteixo”, comenta Cossini.