Axudas para compra de libros e mobilidade estudiantil
Arteixo abre o prazo para solicitar as axudas dado que as actividades extraescolares comezaron estos días
A concellería de Educación, que dirixe Inés Ramos, aposta polas axudas continuas e o favorecemento da conciliación das familias de Arteixo. Para o inicio do curso escolar conta cunha partida orzamentaria de 248.000 euros para programas de conciliación -Madrugadores, actividades extraescolares e comedor.
- Para libros e material didáctico de Educación Infantil: O prazo vai do 1 ao 20 de outubro. No momento de presentar a solicitude, as familias xa poderán presentar tamés a/s factura/s do material adquirido obxecto da subvención. De maneira habiltual véñense concedendo axudas a un total de 200 familias.
- De mobilidade: para estudantes de calquera nivel educativo que estudien fóra de Arteixo. Do 1 ao 30 de outubro, unha vez rematado o período de matrícula dos niveis postobrigatorios, abrirase o prazo para solicitar as axudas á mobilidade.
Programa anual
Ademáis, a concellería de Educación ofrece un programa anual de actividades extraescolares nos centros educativos de Educación Infantil e Primaria e nas escolas. Este ano hai apuntados a este servizo un total de 535 alumnos. Os obxetivos que se perseguen son:
- Exercitación das capacidades básicas e coordinativas
- Adquisición de técnicas inicias de cada unha das actividades propostas
- Educación psicomotriz
- Participación en actividades lúdicas
- Desenvolvemento autónomo, físico, intelectual, afectivo e social dos participantes
- Habilidades sociais
- Aceptación das normas, consecución de obxectivos, respecto aos compañeiros e compañeiras, aceptación dos diferentes niveis de habilidades
Actividades
- Artesanía-Manualidades
- Robótica
- Taller de Arte
- Oratoria e liderazgo
- Pandeireta
- Idioma estranxeiro
- Baile galego
- Taller de Ciencia-Investigamos
- Baile Moderno
- Taller de emprendemento
- Música
- Mecanografía
- Teatro
- Novas tecnoloxías-Informática
- Técnicas de Estudo
- Xogando
- Guitarra
Ademáis nas Educación Infantil pódese asistir á actividade “Concilia Pequechos” e a outras correspondente ao seu nivel educativo no centro de referencia. A través deste programna desenvólvense conceptos básicos ao longo do curso cunha distribución trimestral. Conta cos seguintes contidos:
- Primeiro trimestre: Xogamos - Técnicas de psicomotricidade a través de xogos
- Segundo trimestre: Cantamos – Técnicas básicas de educación musical, familiarización con instrumentos musicais e cantigas infantís
- Terceiro trimestre: Falamos – Conceptos de idioma estranxeiros (inglés) para a adquisición de vocablos adaptados ao nivel dos participantes