Bases do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía 2020
O prazo para envío de orixinais para o 29º Certame de Narración Breves Manuel Murgúia terminará o 29 de febreiro de 2020. As bases foron anunciadas no mesmo acto no que se presentou o libro "A secreta melancolía da garza", colectánea dos relatos gañadores nos tres anos precedentes.
Arredor do libro "A secreta melancolía da garza",
con relatos vencedores nos tres anos anteriores no Certame, foi establecida
unha tertulia que contou coa presenza de José António Lozano e Tiago Alves Costa,
autores do libro, do Alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, do deputado de Cultura
da Deputación da Coruña Xurxo Couto e do escritor Xavier Alcalá, que
representou á Editorial Galaxia e oficiou como mestre de cerimonias. No mesmo
acto, o director literario do Certame Alfredo Ferreiro, fixo públicas as bases
da 29ª edición do certame. A autora Mercedes Leobalde non puido asistir en
última instancia por motivos persoais.
Resumo das bases
Os relatos de entre 15 e 30 páxinas, deben ser orixinais e
inéditos (non publicados nin publicitados por ningún medio, físico nin dixital)
escritos en lingua galega, enviados con pseudónimo e só contendo os datos
persoais nun sobre fechado (cf. bases oficiais do Certame) até o 29 febreiro de
2020).
Os premios: O primeiro de 4.000 euros; o segundo de 1.500
euros e o terceiro de 600 euros todos eles sometidos á correspondente
retención. Os relatos poderán ser publicados nunha edición colectiva.
Máis información sobre as bases: telefonar ao 981 659 100 do Centro Cívico Cultural ou escribir a cultura@arteixo.org. Consultar bases completas en este enlace