As escolas estrean un botón de alerta en caso de emerxencia
Novo botón de alerta nas escolas en caso de emerxencia.
Todas as escolas de Galicia atendidas por un único docente van contar cun botón de alerta que os nenos poderán activar en caso de emerxencia. Trátase dunha nova iniciativa da Xunta dirixida ás escolas unitarias, ás escolas infantís e aos colexios rurais agrupados (CRAs) atendidos, de xeito habitual, por un profesor, tal e como explicaron hoxe os conselleiros de Cultura, Educación e Universidade e de Sanidade, Román Rodríguez e Julio García Comesaña, respectivamente.
Ao premer nel, o dispositivo envía un aviso inmediato ao 061, que despraza os medios oportunos á xeolocalización do aparato ao tempo que lle da instrucións ao nenos a través dun altofalante. Esta ferramenta forma parte dun paquete de medidas de seguridade que se están actualizando como os programas de Reanimación Cardiopulmonar (RCP) na aula e de Alerta Escolar. Román Rodríguez salienta que se trata de elementos fundamentais para que tanto alumnos como profesores saiban actuar de xeito áxil e correcto ante unha eventualidade García Comesaña destacou a tranquilidade que aporta saber da existencia dun protocolo de actuación rápido e seguro.
Aínda os representantes da Xunta desprazáronse esta mañá á Escola de Educación Infantil (EEI) de Amil, en Moraña, onde puideron comprobar o funcionamento deste dispositivo que vai redundar na seguridade e na tranquilidade da comunidade educativa.
Ademáis o conselleiro de Educación explicou que esta ferramenta é posible grazas á colaboración entre os departamentos de Educación e de Sanidade, que agora dan un paso máis na atención ás emerxencias nos centros escolares con iniciativas específicas “que permiten mellorar a formación de alumnado e profesorado á hora de afrontar este tipo de situacións”.