Aprobado o calendario escolar do curso 23/24

Calendario escolar do curso 23/24.
A Xunta acorda cos sindicatos que o vindeiro curso escolar 2023-24 comezará o día 11 de setembro de 2023 e rematará o 21 de xuño de 2024.

O vindeiro curso escolar 2023-24 comezará o día 11 de setembro de 2023 e rematará o 21 de xuño de 2024.

O vindeiro curso escolar 2023-24 comezará o día 11 de setembro de 2023 e rematará o 21 de xuño de 2024. Así o acordaron a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e as organizacións sindicais na Mesa Sectorial Docente.

Este calendario rexe para todas as etapas educativas, agás as Ensinanzas de Réxime Especial, que rematan o 28 de xuño. Tamén subliñar que no caso de 2º curso de Bacharelato as clases rematarán de acordo coas datas previstas para a avaliación de acceso á universidade, Abau.

Así pois, ademais do inicio e remate do período lectivo, o documento que se publicará nos vindeiros días no Diario Oficial de Galicia establece que os períodos de vacacións escolares irán do 22 de decembro de 2023 ao 7 de xaneiro de 2024, ambos inclusive; os días 12, 13 e 14 de febreiro de 2024 para o Entroido; e desde o día 25 de marzo ata o 1 de abril de 2024 para a Semana Santa. A maiores, queda establecido como non lectivo o Día do Ensino, que se celebrará o 7 de decembro de 2023. 

O final de curso 2023-24 vaise desenvolver de igual maneira que o do presente curso. Isto é, que para as etapas de Secundaria os centros poderán facer coincidir a terceira avaliación parcial coa avaliación final, polo que non existe ningunha novidade a este respecto. Tamén se mantén invariable o período de adaptación, onde os centros poden optar por unha incorporación gradual do alumnado de 4º de Infantil, que non se prolongará máis aló do 15 de setembro.