Reparto do calendario municipal "Arteixo está para comelo"
O calendario foi realizado con fotos de veciños elexidas por votación popular entre as 260 imaxes presentadas
A través da Concellaría de Turismo que dirixe Patricia Amado, o concello de Arteixo comeza a repartir o calendario municipal 2022. O traballo foi realizado con fotos de veciños elexidas a través do Concurso Fotográfico #ArteixoEstáParaComelo. Presentáronse 260 imaxes, entre as que foron elexidas doce gañadoras para ilustrar cada mes do ano. Pódese ver as fotos gañadores ao final da noticias.
Para animar os veciños a que participen, o concello xa elaborara en setembro un cartel promocional. Nel aparecen un grupo de cociñeiros e restauradores de Arteixo na praia de Barrañán nunha divertida imaxe.
O obxetivo foi ilustrar o calendario municipal do 2022 coas imaxes gañadoras. Este ano a temática foi a gastronomía e os alimentos. Para participar houbo que enviar a imaxe a través do formulario dispoñible na web arteixo.org. Os usuarios das redes poideron votar a súa imaxe favorita que xunto cos votos dun xurado decidiron os gañadores do concurso.
Aparte do recoñecemento de formar parte do calendario 2022, repartíronse un total de 1.900 euros en premios:
- 500 euros para a foto que máis puntos totais obteña
- 300 euros para a segunda
- 200 euros para a terceira
- 100 euros para as nove seguintes clasificadas