Campamentos de Semana Santa 2022 organizados por Educación do concello de Arteixo
Os campamentos manterán a inscrición aberta desde o 28 de marzo ata o 1 de abril
A proposta da concellería de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación de Arteixo para Semana Santa inclúe: Campamentos concilia, Laboratorio Musical e Diversidade funcional. As normas xerais de aplicación a esta convocatoria de preinscrición son:
- As persoas interesadas poderán formalizar a preinscrición a través de correo electrónico (educacion@arteixo.org) do 28 de marzo ao 1 de abril
- Deberán poñer no asunto campamento SEMANA SANTA 2022
- Adxuntar o impreso de solicitude dos campamentos e o impreso de declaración complementaria DESCARGAR AQUI
- Realizarase preinscrición para analizar necesidades das familias de cara á conciliación no período de Semana Santa 2022. DESCARGAR AQUÍ
- No caso de superar o número de prazas ofertadas procederase ao sorteo que se celebrará nas instalacións do departamento de educación o día 4 de abril ás 10 horas
- O prazo de formalización de matrícula será do 4 ao 6 de abril
Campamento Concilia "Divernatura"
- Favorecer a conciliación da vida familiar e laboral das familias
- Ofrecer outra alternativa de ocio e tempo libre ós nenos e nenas menores do Concello.
- Formar ós participantes, fomentando comportamentos que promovan unha interacción da sociedade co medio ambiente
- Adquirir maior sensibilidade e conciencia co medio ambiente.
- Destinatarios: rapazada de Infantil (2º ciclo) e Primaria empadroada.
- Temática: DIVERNATURA. A natureza proporciónanos sempre todo o que precisamos para vivir. Na actualidade, o uso que facemos dos recursos que nos proporciona a natureza, comezou a ser un problema, xa que algún deles, como o petróleo, a madeira, ou o aluminio son escasos e valiosos
- Utilizar os menos recursos naturais para non esgotalos e xerar menos lixo nas nosas actividades son acción que podemos realizar e que resulta una aportación valiosa ó noso medio ambiente.
Días 11, 12,13 e 18 de abril de 10:00 a 14:00 horas. Lugar de execución: Aula da Natureza. Ademáis conta con sevizos complementarios:
Madrugadores dende ás 7:15 horas
Xantar de 14:00 a 16:00 horas
Ludoteca de 16:00 a 17:30 horas
Transporte gratuíto
Custos: 16 euros (servizos aparte)
Madrugadores sen almorzo: 6 euros
Madrugadores con almorzo: 10 euros
Xantar: 16 euros
Ludoteca: 6 euros
Campamento laboratorio musical "Música e paz"
- Trátase dunha actividade lúdico educativa orientada a complementar a formación ofrecida dende a Escola Municipal de Musica de Arteixo.
- As/os inscritos participarán en tres propostas de obradoiros diferentes en cada xornada que serán parte dun eixe común. Os traballos desenvoltos en cada un estarán coordinados para conseguir un produto conxunto.
- O obxectivo final da actividade, será a creación dunha mostra do traballo desenvolto e por tanto, do produto conxunto anteriormente mencionado:
- Traballarase a aplicación das novas tecnoloxías na música, desenvolverase a expresión artística mediante a creación do atrezzo así como a expresión corporal e musical. Nesta ocasión, traballarase como contido transversal, “A música e a paz”.
- A través dunha metodoloxía vivencial, enfocarase a música como un elemento clave nun escenario social como o actual, onde a paz convértese nun factor
máis relevante ca nunca para o desenvolvemento persoal e social a nivel global.
Destinatarios: 30 nenos e nenas de idades entre os 4 e 12 anos
Campamento de 10:00 a 14:00 horas
Datas de desenvolvemento: 11,12,13 e 18 de abril
Horario: 4 horas/diarias. De 10:00 a 14:00 horas
Lugar de execución: Centro Cívico Cultural de Arteixo
Campamento Diversidad Funcional "Viaxando polo mundo"
Realización de actividades como musicoterapiae actividades sensoriais. Os obxectivos son:
- fomentar a autonomía persoal das persoas con diversidade funcional, dándolle especial atención as súas habilidades sociais
- Impulsar unha inclusión social das persoas con diversidade funcional, participando nas actividades do entorno de forma igualitaria ó resto da sociedade e nas mesmas condicións
Destinatarios: rapaces e rapazas con idade a partir de 12 anos e con diversidade funcional. Datas de execución: 11, 12, 13 e 18 de abril na Aula da Natureza
- Horario: de 10:00 a 14:00 horas más servizos complementarios:
- Madrugadores dende ás 7:15 horas
- Xantar de 14:00 a 16:00 horas
- Ludoteca de 16:00 a 17:30 horas
- Transporte gratuíto
Custo : 16 euros (servizos aparte)
- Madrugadores sen almorzo: 6 euros
- Madrugadores con almorzo: 10 euros
- Xantar: 16 euros
- Ludoteca: 6 euros
- Transporte gratuíto