O Psoe local insta a poñer puntos de recarga que impulse a mobilidade eléctrica

O Psoe Arteixo leva a pleno a instalación de puntos de recarga eléctrica (imaxe arquivo)
Presentarán unha moción no pleno de marzo para instar ao goberno local a poñer en marcha unha rede de puntos de recarga que impulsen a mobilidade eléctrica

O grupo municipal tamén demanda o prometido servizo de alugueiro de bicicleta mecánica e eléctrica

Os socialista de Arteixo presentarán unha moción no pleno de marzo para instar ao goberno local a poñer en marcha unha rede de puntos de recarga que impulsen a mobilidade eléctrica. Tamén, un servizo de alugueiro de bicicletas así como fomentar a peonalización de novas rúas e creación de máis prazas de aparcamento público nos núcleos urbanos.

Patricia Boedo, voceira do grupo, denuncia que a pesar da presentación do salón Sabón +ECO en Arteixo non existe ningún punto de conexión eléctrica para estes vehículos. “Tamén observamos como este pasado verán, o concello promocionaba o transporte, cun vehículo eléctrico sen condutor que puxo en proba polo paseo marítimo do noso concello” explica Boedo. "Pero non sabemos cales foron as conclusións que sacaron de ditas probas", engade.

A concelleira recorda que hai dous anos que o goberno local xa anunciara a instalación de estacións de alugueiro de bicicletas mecánicas e eléctricas “que foron incapaces de executar e que a día de hoxe. Tampouco vimos que se avanzara na instalación de carrís bici para facilitar a mobilidade destes vehículos”.

Nome do novo centro sociocultural

O grupo municipal socialista, ademáis, presentará un rogo no vindeiro pleno para que o edificio do antigo hotel do balneario pase a chamarse Centro Sociocultural Amancio Ortega. Consideran que trala apertura da planta baixa do edificio do balneario e o seu xardín é o momento para agradecerlle ao presidente da Fundación Amancio Ortega o seu compromiso co desenvolvemento económico e social do concello. Tamén, polo altruísmo mostrado coa adquisición do balneario e a construción da residencia de maiores e a escola infantil. Lembran que esas adquisicións posibilitaron a captación de Fondos Europeos do Plan de Recuperación do Goberno de España para as obras rehabilitación.