Carta del BNG a Carlos Calvelo
El martes 30 de octubre de 2012 los nacionalistas de Arteixo enviaron esta carta dirigida al Alcalde del Concello. Reproducimos íntegramente:
AO ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE ARTEIXO
EXPÓN
Nestes días vense de aprobar no Concello da Coruña, en concreto nunha Xunta de Goberno Local, unha modificacion das ordenanzas fiscais e dos prezos públicos desa entidade local.
Segundo se trasladou aos medios sabemos que o concello da Coruña vai encarecer un 1,5% por centro o prezo pola venda da auga que pagamos no Concello de Arteixo. Por outra banda tamén se menciona a depuradora de Bens e os seus custes así como os prezos que o Concello herculino vai aplicar para o ano 2013 a súa cidadanía. Segundo os datos encarécese un 460% a taxa de depuración e duplícase a dos sumidoiros (isto é, nalgúns casos o incremento pode chegar a ser de 10 euros).
O Concello de Arteixo tamén vai ser usuario desta infraestrutura mais o goberno local do noso concello négase continuamente a informar ao conxunto da cidadanía de Arteixo canto nos vai costar a utilización desa infraestrutura e segundo que criterios se vai pagar (número de abonad@ , metros cúbicos verquidos…)
O día 4 de abril de 2011 a Xunta Xeral de Emalcsa aprobou a constitución dunha mercantil nun primeiro momento unipersonal, de carácter integramente suscrito por Emalcsa e en forma de sociedade anónima para a xestión da depuradora de Bens. En Febreiro de 2012 os Alcaldes da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros asinaron un acordo para participar desa sociedade pública mediante a adquisición dunha porcentaxe do capital social da sociedade. Na mesma xuntanza, segundo se desprende das afirmacións realizadas polos responsábeis municipais, tamén se aprobou unha ordenanza supramunicipal para o funcionamento desa infraestrutura. A día de hoxe e a pesares de termos preguntado en varias sesións plenarias o goberno local de Arteixo non nos informou de nada.