Chove sobre mollado
Chove en toda Galicia e .... vaia se chove !!!!
Como ben mencionaba o poeta galego Fernández Naval (Chisco), este rexio castelo reconvertido a museo tiña “ unha maneira de explicar o ADN da xente de Fisterra, porque nel latexaba o corazón dos galegos e da Costa da Morte” ademáis era un importante reclamo turístico, unha parada obrigada, “porque era un dos grandes atractivos que tiña Fisterra e permitía coñecer o traballo das xentes do mar” como moi ben expresou o escritor Luis Rei Núñez.
Manuel Vilar, directivo de Semescom, cree que “non se trata dunha cuestión de diñeiro, porque se invisten moitos cartos noutras moitas chorradas”, e na mesma liña Manuel Suárez, autor vimiancés nomea “desastre xeralizado” a xestión acual dos bens culturais galegos coa crise económica como desculpa de fondo.
Mentres tanto os bergantiñáns enterámonos polos medios de sobresoldos en sobres B, caso Gürtel, caso Campeón, caso Mengano, caso Fulano, ..... , ..... , indultos fiscais, etc, e todo tipo de novas que nos levan a intuir que isto só é o curuto dun xigantesco iceberg de corrupción normalizada e xeneralizada, a ninguén lle sorpende en absoluto, abofé.
Non pretendo defender a que non quere defenderse porque nestas latitudes só se escoitan as protestas dos estafados coas preferentes porque aqui, na Costa dos rumorosos, só se queixan cando o dano e directo o peto de cada un e nada, ou case nada, se fai por protexer os bens comúns, os verdadeiros tesouros de noso.
- “Leer e cousa dos que non traballan ou non queren traballar .... aqui só temos tempo a traballar e nada máis” .... asi me sentenciou unha veciña fai uns meses, asi mesmo , e quedou tan pancha .... seguramente porque os seus fillos traballan, polo momento, porque non foi afectada polas preferentes e porque igual pensa que leer causa cegueira permanente ou que se trata de algo contaxioso, asi nos vai !!!!!
Ante todo si debo, quero e podo, polo momento, lobar abertamente todas as manifestacións da verdadeira xente da Cutura en Galicia indignados e profundamente decepcionados polo terrible erro de pechar o noso Museo da Pesca no corazón do fin da Terra, último testemuño mudo da idiosincrasia fiferencial e da Cultura que un día pensamos que tiñamos e non soubemos protexer dos acéfalos que mal-dirixen este Pobo con alma de País.
A Costa seguirá sendo Costa da Morte e non da vida se non temos traballo para a escasa xente moza e mentres os factótum ocupados coas súas tristes vidas sigan dormindo no seu longo sono, en silenzo perpétuo, que entrementres nós, os escritores galegos de ben, seguiremos coas nosas tercas vaguedades froito da folga e do ocio e, coma sempre, escribiremos verdades para loitar contra as inxustizas que nos sobran entre as letras.
Óscar de Souto (Poeta bergantiñán e Director Xeral de 13poemas)