Cine, teatro e concerto aniversario de "7 Puertas" o fin de semana no Auditorio

A banda arteixán celebra o seu aniversario con un concerto no Auditorio de Arteixo o sábado 3
O Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo ofrece unha variada programación a primeira fin de semana de decembro que inclúe un concerto aniversario

O Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo ofrece unha variada programación a primeira fin de semana de decembro que inclúe o concerto 20 aniversario da banda arteixá

XOVES 1 - 20:00 horas
JACINTO - CICLO MESTRE MATEO

A película Jacinto pecha o Ciclo Mestre Mateo. Javi Camino dirixiu esta película, producida por Vizuals Lab, que obtivo 11 nominacións aos Premios Mestre Mateo. No reparto, Pedro Brandariz, Ánxela Baltar, Corinna Rautenberg, Miro Magariños, Pilar Miguélez, Juanma Buiturón e o finado Pedro Brandariz, que obtivo por esta cinta o premio á mellor interpretación masculina.

Jacinto é un adulto coa mentalidade dun neno. Vive en Mallou, unha sombría aldea abandonada entre as montañas, cos seus pais e o seu porco Martiño. A morte da súa mascota e a chegada de dúas novas veciñas estranxeiras porá o seu mundo patas arriba. Jacinto sospeita que as veciñas son vampiras que planean rematar coa súa familia para controlar a aldea. Para impedilo, porá en práctica todo o aprendido vendo pelis de terror. A recollida de invitacións para asistir: 1 h antes do seu comezo na billeteira do CCC de Arteixo

VENRES 2 - 20:30 horas
AS QUE LIMPAN - A PANADARÍA

Panadaría é unha nova compañía de teatro formada por Areta Bolado, Noelia Fernández e Ailén Kendelman. O seu primeiro espectáculo PAN!PAN! recibiu diferentes recoñecementos, convertindo á compañía nunha das revelacións teatrais da tempada 2014-2015. Nos seus comezos gañou o 1º Premio Xuventude Crea 2013. No ano 2015 Ailén Kendelman foi nomeada aos Premios María Casares por Mellor Música Orixinal, e Areta Bolado recibiu o Premio María Casares por Mellor Actriz Secundaria polo seu traballo en PAN!PAN! Nesta ocasión regresan a Arteixo cunha divertida sátira utópica inspirada na loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por conseguiren uns dereitos laborais e sociais xustos.

Como novidade, a compra de entradas poderase facer onlinehttps://eventosarteixo.com/ ou na billeteira do CCC de Arteixo o propio da función en horario de 11:30-13:30 horas ou 2 horas antes do seu comezo.

SÁBADO 3 - 20:00 horas
CONCERTO 20 ANIVERSARIO: 7 PUERTAS

"7 Puertas" é unha banda de Pop/Rock de Galicia (España). Formada en Arteixo (A Coruña) en 2002 teñen 3 discos editados: "Ata o Final" (2007), "Unha entre un Millón" (2010) e "Siete Puertas" (2018) xunto a varios singles. Además, realizaron máis de 100 concertos en varias xiras ao longo destes 20 anos, que lles levaron a percorrer toda Galicia e outras cidades en Asturias, Castela e León, Madrid... Neste 2022 celebran os 20 anos da banda e que mellor maneira de facelo que sobre os escenarios. Tamén preparan o seu cuarto disco. A recollida de invitacións para asistir ao concerto aniversario: 1 hora antes do seu comezo na billeteira do CCC de Arteixo.