Bng solicita a apertura ao público do rexistro de Arteixo sen cita previa
O grupo municipal reclama que se retome o servizo previo á pandemia cun rexistro presencial sen cita previa
Bng de Arteixo solicita ao Concello se restauren todos os servizos públicos sen cita previa como estaban antes da pandemia. En concreto, un dos casos é o do rexistro público que segue a funcionar sen cita de 9:00 a 11:00 horas. Pero, o fai con servizos limitados para un número concreto de persoas, tendo que chamar despois para pedir cita.
Ante iso, os nacionalistas demandan que se cumpra o 100% do servizo sen atención telefónica e que o Concello de Arteixo retome os horarios. “Non é normal que a xente para rexistrar documentación presencial se teña que desprazar até a cidade da Coruña ou Carballo tendo rexistros no propio concello”, comenta o portavoz Xurxo Couto. “É moita a veciñanza que xa está farta deste tipo de atención e que leva demandando nos últimos meses que se restaure o servizo presencial sen cita previa”, engade. Ademáis, a formación levará ao pleno de xullo as seguintes demandas: