Comeza a conta atrás para a celebración da "Ronda Élite Sub-19 feminina
Comeza a conta atrás para a celebración do
Minitorneo “Ronda Élite Sub-19 Femenina”. A Real Federación Galega de Fútbol
volve a facer unha forte aposta polo fútbol feminino asumindo a organización deste
Minitorneo, clasificatorio para o Campionato de Europa da categoría. A
Federación Española aprobou a candidatura galega e desde a Federación eliximos
Santiago e Vilagarcía como sedes do campionato, localidades con instalacións
que cumpren coas esixencias UEFA e que están ubicadas en zonas con importante
arraigamento do fútbol feminino.
A Real Federación Galega de Fútbol realiza un
importante esforzo económico e organizativo para albergar esta competición UEFA
na que a Selección Española sub 19 feminina xogarase en Galicia a clasificación
para o Europeo da categoría. Os estadios Verónica Boquete de San Lázaro en
Santiago de Compostela e A Lomba de Vilagarcía acollerán a competición do 3 ao
9 de abril. As seleccións que compoñen este grupo son España, Irlanda, Serbia e
Hungría.
Coa
conta atrás do reloxo xa en marcha, o seleccionador español Pedro
López desprazarase mañá xoves a Galicia para tomar boa nota de todos os
detalles que rodean a esta competición. Así, e tras aterrar en Santiago de
Compostela á primeira hora da mañá, Pedro López ten previsto supervisar o
estado do Estadio Vero Boquete de San Lázaro sobre as 13
horas do mediodía.
Así mesmo, o preparador do
equipo sub 19 feminino tamén ten previsto desprazarse posteriormente a Sanxenxo, onde visitará o
hotel no que permanecerá concentrada a Selección Española (tamén o resto dos
equipos participantes nesta Rolda Elite)
e posiblemente ó estadio da Lomba en Vilagarcía malia que España non disputará os seus encontros alí. Tamén supervisará
algún dos escenarios previstos para os adestramentos.
O combinado nacional chega o domingo día 31 de marzo
ao seu cuartel xeral de Sanxenxo