O Concello de Arteixo difunde os composteros nas casas
O Concello de Arteixo vai iniciar unha campaña para difundir a utilización de composteros entre os veciños que poidan albergar este tipo de elementos na súa casa -principalmente está dirixido a aqueles que viven en casas unifamiliares-. Deste modo intentase difundir o principio ambiental de solución dos problemas, preferentemente, na súa orixe coa conversión de materia orgánica en compost. O Concello de Arteixo implementará así a compostaxe nos fogares. Os obxectivos que se perseguen con esta acción son os seguintes:
-Pechar o ciclo da materia orgánica, ao dar valor ao residuo
como recurso.
-Reducir o transporte da fracción orgánica á planta de
tratamento.
-Empregar o compost producido como abono no canto doutros
abonos químicos o que redundara nunha mellora da fertilidade, estrutura e
funcionalidade da terra.
-Sensibilizar e formar a cidadanía con respecto ao medio
ambiente xa que cada persoa participa no proceso de xestión dos residuos que
ela mesma xera.
-Promover a participación cidadá en cuestións ambientais, tanto no planto individual como no colectivo.
Composteros na casa
Para facilitar a actividade, o Concello de Arteixo repartirá
composteiros a aquelas persoas que teñan fogares que reúnan as condicións
adecuadas para realizar a compostaxe (é decir, que dispoñan dunha finca, horta,
baixo, patio ou similar) e que asistan a algunha das formacións que se
desenvolverán nas seguintes datas:
Día 10 de decembro en el Centro Cívico de Meicende de 19:00
a 21: 00 horas
Día 11 de decembro en el Centro Social de Rorís de 19.00 a 21:00
horas
Día 16 de decembro en el Centro Tencolóxico de Arteixo de 19:00 a 21.00 horas
Reducción de residuos
Esta iniciativa é parte fa xestión pública e con medios propios o servicio da recollida de residuos. O concello de Arteixo tamén se compromete así na adopción de medidas orientadas a reducción na xeración de residuos e o fomento da reciclaxe en todas as súas formas.
Neste sentido, Arteixo foi o primeiro concello da comarca en instalar isletas de cinco contenedores que reforzan a reciclaxe das cinco fraccións principales de residuos: restos orgánicos, vidrio, papel-cartón, envases lixeiros e a denominada fracción resto que inclue aqueles elementos que non entran nas outras fraccións e tamén está destinada a aqueles veciños que non poideran separar os seus residuos domésticos. Ademá, sumanse os composteros.