Arteixo traslada preocupación polas axudas á mobilidade urbana e redución de emisión
O alcalde de Arteixo recibiu na casa consitorial ao preisdente da Fegamp
O presidente da Federación Galega de Municipios y Provincias, Alberto Varela, recolleu pola parte do alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, a preocupación respecto ás axudas á mobilidade urbana para concellos de entre 20.000 e 50.000 habitantes. Foi de cara á procurar a mellor planificación e reparto de fondos.
Segundo as informacións dispoñibles –a publicación das bases está prevista para finais de xuño-, os municipios desa franxa poboacional (Arteixo e 15 máis en Galicia) só poderían solicitar dúas das catro liñas contempladas en devandito plan. Ademais, deberán contar con máis de 36.000 unidades catastrais e contar con servizos de transporte público, requisitos de difícil cumprimento.
O presidente da coincide en que "sería unha mágoa non entrar na convocatoria porque os concellos medianos tamén queren aportar en materia de mobilidade e de redución de carbono como xa están a demostrar moitos deles coa creación de carrís bicis, as peticións de intermodais, as apostas polo transporte público, etc."
Alberto Varela, que hai dúas semanas trasladou persoalmente no Ministerio de Política Territorial a necesidade de que os concellos xestionen directamente parte dos fondos europeos e de que no reparto se teñan en conta criterios como a dispersión e envellecemento poboacional, ten previstas máis reunións ás que levará novas baterías de requirimentos e suxestións froito de reunións como a de onte, co obxectivo de se contemplaren as distintas realidades da administración local galega na labor de reconstrución.