Concretan e amplían as medidas dos servicios ante o coronavirus

O Centro de Coordinación Operativa (Cecop) aprobou un acordo no que se concretan e amplían as medidas de prevención para conter o contaxio do coronavirus
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, preside unha nova reunión do Centro de Coordinación Operativa posta en marcha para facer fronte á emerxencia do coronavirus. Edificio Administrativo de San Caetano (Santiago de Compostela), 15/03/20.
photo_camera O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, preside unha nova reunión do Centro de Coordinación Operativa posta en marcha para facer fronte á emerxencia do coronavirus. Edificio Administrativo de San Caetano (Santiago de Compostela), 15/03/20.

O Centro de Coordinación Operativa (Cecop) aprobou onte un acordo no que se concretan e amplían as medidas de prevención para conter o contaxio do coronavirus, que foron publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG) e que entra en vigor dende hoxe luns 16 de marzo.

Tras unha xuntanza presidida polo responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, blíndanse os servizos básicos ás persoas sen fogar no actual contexto de emerxencia sanitaria. A Xunta velará pola apertura de todos os albergues sociais para que as persoas sen fogar poidan dispor dun servizo de pernoita, extremando as precaucións na liña das recomendacións das autoridades sanitarias.

Ademáis, as cociñas económicas e comedores sociais deberán manter o seu funcionamento habitual, tomando as medidas necesarias para que se limite a presenza simultánea de comensais a un terzo do aforo, e reforzando o subministro de comida para o consumo fóra do centro.

Centros de atención social

Pola súa parte, os centros de atención social continuada, manterán a súa actividade, tomando as medidas necesarias para que se limite a presenza simultánea de persoas usuarias a un terzo do aforo. Os centros de día de inclusión social suspenderán a súa actividade regular durante o período de emerxencia sanitaria, agás os servizos de mantemento da hixiene -como ducha ou lavandería- e os servizos de calor e café.

As visitas aos centros residenciais de servizos sociais (como, por exemplo, residencias de persoas maiores ou con discapacidade) quedan restrinxidas agás en casos excepcionais debidamente autorizados pola dirección do centro.

Actividade comercial minorista

En relación coa suspensión da actividade comercial minorista, concretan e amplían as medidas nas que inclúense dentro das excepcións as actividades e establecementos correspondentes a bens de primeira necesidade: ópticas; a actividade das lonxas; e comercio ao retallo de ferraxería, pintura e vidro en establecementos especializados, en tanto que se trata de actividades que deben subministrar ao sector primario, gandeiro, pesqueiro e agrícola elementos necesarios para a continuación da súa actividade.

O

mesmo documento

precisa que todos os establecementos comerciais de primeira

necesidade terán liberdade horaria, para fixar sen limitacións o

peche e a apertura.

Outros

sectores

Suspéndese

a actividade económica dos concesionarios de venda de automóbiles.

Se ben, os establecementos que combinen reparación con venda de

vehículos,  soamente poderán realizar a actividade de

reparación. 

Así mesmo, suspéndense as actividades económicas correspondentes a academias, autoescolas e perruquerías, con excepción da prestación a domicilio, desta últimas, para garantir o servizo. E poderá seguir realizándose o labor dos gabinetes de psicoloxía e pedagoxía.

O

texto

aclara tamén que poden permanecer abertas, por exemplo: 

actividades sanitarias e de servizos sociais -entre elas, actividades

hospitalarias, médicas e odontolóxicas, asistencia en

establecementos residenciais-; actividades financeiras e de seguros;

actividades profesionais, científicas e técnicas; actividades

administrativas e servizos auxiliares; asistencia en establecementos

residenciais con coidados sanitarios; actividades de servizos sociais

sen aloxamento; reparación de ordenadores, efectos persoais e

artigos de uso doméstico; lavado e limpeza de prendas téxtiles e de

pel; pompas fúnebres e actividades relacionadas; fisioterapeutas; e

técnicos de reparación e mantemento.

Tamén estarán permitidos os servizos que ofrecen os veterinarios, tanto das empresas privadas como dos servizos oficiais.

Reforzo da limpeza

Aos establecementos comerciais exceptuados da suspensión requíreselles que adopten as medidas de organización e instrucións á cidadanía asistente que sexan necesarias para o cumprimento das medidas de prevención establecidas. Reforzaranse as medidas preventivas no centro de traballo sobre a hixiene individual e colectiva, limpeza e medidas de contacto próximo sen prexuízo das medidas especificas que requiran cada situación e o reforzo da protección das persoas identificadas como especialmente sensibles.

Sobre a permanencia nos comercios cuxa apertura estea permitida, deberá ser a estritamente necesaria para que os consumidores poidan realizar a adquisición de alimentos e produtos de primeira necesidade, quedando suspendida a posibilidade de consumo de produtos nos propios establecementos. En todo caso, evitaranse aglomeracións e controlarase que consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade de, polo menos, un metro a fin de evitar posibles contaxios. Os encargados dos establecementos e persoal de seguridade serán os directamente responsables de facer cumprir estas medidas.

Servicio Público de Emprego Estatal

Dentro do acorda que amplían e concretan las medidas, no ámbito do servizo público de emprego de Galicia, e en coordinación co Servicio Público de Emprego Estatal (SEPE), adóptanse as seguintes medidas: non será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de abril. Se se teñen que realizar trámites urxentes na demanda, poderán facerse a través da oficina virtual ou chamando á correspondente oficina de emprego e quedan suspendidas as citas.

En relación co Camiño de Santiago, e como consecuencia do peche de albergues da rede pública: actívase un servizo de acollida provisional no albergue público do Monte do Gozo, en Santiago, para aos peregrinos que se atopen en tránsito e mentres non dispoñan doutros medios de regreso ou aloxamento. E no aloxamento deberán cumprirse as normas de prevención determinadas polas autoridades sanitarias.

Por último, non estarán permitidas as actividades de uso público no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, tales como o desembarque e as actividades recreativas nas illas. Se ben, quedan exentos os veciños das illas e a pesca ou marisqueo profesional, así como o persoal do parque nacional no desempeño das súas función.

Suspéndese

a realización de queimas nos terreos rústicos, quedando sen efecto

as autorizacións e comunicacións de queimas xa notificadas ou

efectuadas.